O crime da Sobreira cobrou unha nova vítima en 'Serramoura': Tomás presentou a súa dimisión para salvar o prestixio do cuartel, polo que Marga e Roi teñen que facer fronte a unha situación excepcional: resolver o caso e conseguir que Tomás recupere o seu posto. Por se isto non fose suficiente traballo, o caso da intoxicación complícase por momentos. Hai probas de que alguén entrou na depuradora de Serramoura e iso non pode significar nada bo.