Neste capítulo, o caso de Maroto complícase por momentos. Por un lado, Marga e Roi non conseguen relacionar o suposto culpable co asasinato e o informe da autopsia obrigou a desbotar todas as hipóteses. Ademais, as manobras de Rosalía para desviar a investigación semellan dar resultado. Pero o caso de Maroto deixa de ocupar o primeiro posto nas preocupacións do tenente cando Quique sospeita que Patri está en perigo: ninguén sabe onde está e tampouco contesta ás súas chamadas.No cuartel non tardan en comezar as tarefas de busca, pero todo remata axiña cando Patri se pon en contacto con Quique para tranquilizado. Todo foi unha falsa alarma, ou iso é o que pensan en Serramoura, xa que en realidade foi un plan de Rosalía para desviar a atención.Mentres tanto, Pancho é o novo xefe criminal de Serramoura. O seu obxectivo é repartir entre a xente da vila o que os seus colaboradores rouban dos máis ricos. Santos alucina ao coñecer as intencións de Pancho e non tarda en ofrecerlles os seus ser