No cuartel de “Serramoura” reciben esta noite o aviso de que escoitaron disparos na taberna. Sen perder nin un segundo, Tomás envía a Marga e Diego a revisar o lugar en busca dunha explicación. Cando chegan á tasca, a situación é normal e non atopan ningún indicio dun enfrontamento, agás pola presenza dunha bala incrustada na barra do bar. Todo apunta a que Emilia, a protexida de Santos, podería estar involucrada no asunto. Pero a moza está desaparecida e o que non saben é que ocupa o seu tempo con Santos e Pancho maquinando o xeito de desfacerse de Eduardo, o narcotraficante ao que lle roubou unha maleta chea de droga. O problema é que aínda non se decatou de toda a perigosidade do seu inimigo. Mentres tanto, Quique segue dándolle voltas ao vídeo de Ezequiel deixou para el, unha inquietante gravación que acusa directamente o sarxento Diego Bazán de ocultar un pasado moi escuro. Coa axuda de Patri, o seu fiel apoio na Comandancia, Quique emprende unha complicada e, á vez, moi dolorosa