O caso de Carla continúa sen esclarecer en “Serramoura”. No cuartel, Marga e Diego concentran os seus esforzos en facer que Gabriel perda o medo e fale con eles sobre Carla e o seu paradoiro, pero o interrogatorio está sendo máis complicado do que agardaban e á veterinaria xa non lle queda moito tempo. Por se non fose suficiente, Tomás recibe unha chamada de Comandancia en que lle anuncian a posible desaparición de Rebeca. A Word Cup, empresa á que representa en “Serramoura”, está meténdolles presión aos altos mandos e ao tenente non lle quedará máis remedio que encargarlle a Quique a investigación do caso.  A noticia da desaparición de Rebeca correrá como a pólvora pola da vila. Coa Garda Civil en marcha, Hugo intenta descubrir pola súa conta o paradoiro da súa xefa e non dubidará en achegarse a Santos para saber se tivo algo que ver no asunto.  Mentres tanto, Teresa intenta ocultar as probas que a poderían apuntar como principal sospeitosa da desaparición de Rebeca, aínda que borra