Vimianzo e Vimioso son dous lugares unidos por unha antiga tradición, a cestería e os vimbios que se precisan para elaborar os cestos. Beatriz e Javier cargarán cun cesto cada un na súa visita a estas vilas. Unha vez máis insisten en competir, o que consiga o obxecto máis fermoso ou valioso durante o programa gaña. Coma sempre non será nada doado e mentres visitan castelos, muíños, fan encaixe de bolillos ou pasean en burro tratarán de levar sempre algo con eles.