Nesta ocasión Beatriz e Javier chegan en monopatín á súa cita semanal cos espectadores de Sen Fronteiras. Javier descobre, ante a incredulidade de Beatriz, que dende Galicia a Portugal é todo baixada. Unha vez máis os nosos presentadores van competir por puro espírito olímpico e porque non saben facer outra cousa. Salvaterra de Miño e Vieira do Minho están unidas polo río e polas súas características únicas.