Beatriz e Javier chegan aos seus destinos para poñelos patas arriba unha vez máis. Javier visitará vestixios arqueolóxicos, coñecerá a historia do gran escritor Eça de Queirós e buscará, coma sempre, onde comer algo rico e contundente. Beatriz quere ser a raíña de Baiona e atopará o vestido perfecto, sentirá o que sentiron os primeiros viaxeiros que cruzaron o océano e collerá unha espada para defender a súa honra. En Baiona e en Baiâo nunca viron nada igual, dous presentadores dispostos a todo para levar diversión ás casas dos espectadores.