Nas rúas de Cea é onde se atopa esta vez o Carteiro, buscando a Rosana Bernárdez, que se ocupará de levarnos a visitar algúns lugares do lugar. Na visita ao Mosteiro de Oseira será o Irmán Pascual o que nos guíe polo inmenso lugar. No miradoiro de Cea atoparémonos cunhas letras xigantes das que nos falará Manuel Vázquez. Como non podía ser doutra forma, en Cea veremos facer o pan con Susi Pérez e Jesusa Mosquera para finalmente rematar escoitando ás Pandereteiras de Cea.