Hoxe o carteiro da galega vai levar unha carta ó concello ourensán de Avión. Coñecido polos seus afamados emigrantes que fixeron fortuna en México, Avión é un lugar onde incluso os que se foron lonxe volven todos os anos. Él non é para menos porque ten un importante patrimonio natural que hoxe imos descubrir da man de Darío Vázquez, un técnico do concello que está moi afanado en realizar todo tipo de actividades que poñan en valor este lugar tan singular. Con el coñeceremos a historia dos chozos e dos arrieiros, a Freixa dos Boeixos, a igrexa de Abelenda e o máis sorprendente, o río subterráneo máis caudaloso de Europa situado en Sesume.