O noso carteiro Anselmo achégase ata Vilalba (Lugo) na procura dun coñecido criador de galiñas de Mos, Francisco Monasterio, que fará de embaixador do programa. Con el visitaremos a Torre de Andrade, unha edificación considerada desde o ano 1994 como un Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. Daremos unha volta polo Paseo dos Soños, unha ruta literaria composta por unha serie de hectómetros literarios dedicados a escritores e artistas ilustres da zona. A auga e a vexetación da contorna do río Madalena xunto ás orixinais obras do paseo literario son os protagonistas dun paseo único que non pode perderse ninguén na súa visita a Vilalba. A anécdota simpática desta entrega virá da man nada máis e nada menos que do Ratiño Pérez xa que teremos a oportunidade de coñecer a súa casa