O noso carteiro Anselmo achégase neste programa ao Rosal, un concello do Baixo Miño, case na súa desembocadura, na mesma Raia con Portugal. Para o seu percorrido polo concello, contará , coma sempre, coa axuda dun cicerone que se convertirá no embaixador do programa. Buscaremos ao “Carpiteiro do Urgal”, Rafael Martínez, tamén coñecido por formar parte da agrupación musical “Lirolai”. Un programa moi completiño con indios, mirabeles, herbas aromáticas, furanchos e música!