Anselmo achégase ata O Carballiño onde o recibirá un embaixador moi singular, coñecido polo alcume de “Schweppes”, que lle axudará a coñecer o municipio. Visitará unha das xoias arquitectónicas do Carballiño, o Templo de Veracruz, obra do coñecido arquitecto galego Antonio Palacios. Ademáis coñecerá a Insua dos Poetas, un espazo que acolle esculturas adicadas a poetas da literatura galega xestionaada pola Fundación Insua dos Poetas, que preside Luís González Tosar. E non podiamos marchar do Carballiño sen probar o polbo nun dos establementos máis famosos do concello, O Fuchela, e visitar Casa Gazpara, un lugar de referencia no pobo onde se celebraban grandes tertulias e onde Anselmo terá a oportunidade de coñecer a algúns dos veciños do Carballiño.