Anselmo visita hoxe Mondoñedo, o berce dun dos noso máis ilustres literatos, Álvaro Cunqueiro. Mondoñedo é unha vila una grande patrimonio histórico e cultural que coñeceremos da man do noso cicerone, Xurzo Lorenzo, un enxeñeiro mindoniense que levará a Anselmo ata a mesma cova do rei Cintolo. Ademais, visitaremos o barrio dos Muiños, coñeceremos a produción artística dalgúns artesáns e pararemos o tempo na Catedral, un dos templos de Galicia que conserva as badaladas sen automatizar. E unha sorpresiña! unha banda interpretará para o programa o primeiro himno do FC Barcelona, composta hai anos por un músico mindoniense.