O carteiro da TVG viaxa ata Cambre, municipio da comarca da Coruña e cheo de artistas. O noso anfitrión será Julio Pan, apaixonado da restauración de coches antigos e compoñente da charanga NBA, unha formación con máis de 30 anos de historia. Julio e Anselmo recorren os sitios máis característicos do concello entre os que se atopa o taller de gaitas Seivane que cumpriu xa 80 anos de antigüidade, ou a casa do pintor, onde traballa un compañeiro de Julio que agocha os seus lenzos entre a batería que toca na charanga.