Hoxe toca visita Allariz, un dos pobos medievais máis fermosos de Galicia. Anselmo vai, no medio dunha calor esgotadora, na procura de Toño Demetrio, historiador e antigo mestre, co que descubrirá os segredos que agocha a vila. Coñeceremos a historia do castelo que tan só os alaricos son quen de velo e tamén as principais lendas. Desgustaremos os famosos amendoados e probaremos un licorciño artesanal que se fai na vila desde hai máis de 30 anos. E tamén lle dedicaremos un ratiño a ver os oficios tradicionais que se están a recuperar na vila, como é a moenda e a sega.