O mar Cantábrico de San Cibrao non se esquece pola xente tan mariñeira que o habita. A súa confraría conta con 35 socios, que traballan o marisqueo a pé, artes menores, volanta e palangre, capturando maioritariamente ourizo, percebe, polbo, pescada e bonito. Ao polbo van Luísa Otero e Emilio Gonzalez dende o porto de Morás, onde tamén traballa Cholo Balnco que andou xa en moitos mares. Para cociñar un amante da cultura mariñeira como é Moncho Rivas e acompañaranos tamén Amelia Pernas. Dúas agrupacións xúntanse para a música: Mistura e A Rebolaxe. E da historia da baleira de Moras imos falar con Tomás Ben que foi mariñeiro no baleeiro “Carrumeiro” e coas irmás Chelo e Elvira Pernar que cortaban a carne das baleas. E iniciamos a nosa aventura con mariscadora e amiga Ana Meitín.