As súas xentes senten a preocupación por conservar e transmitir o mellor desta tradición e xuntan 50 asociados nunha confraría que se dedica á pesca artesanal e ao marisqueo. O presentador X. H. Ribadulla entrevistará a Pili Blanco e Loli Pérez, dúas mariscadoras de a pé, que van a ameixa, ao berberecho e mesmo ao percebe, e tamén coñecerá a Milucho Louro, un experto na cultura mariñeira.  Na sección musical, actuarán “Os gaiteiros de San Mamede”, uns rapaces que perpetúan a música popular galega cun repertorio claramente mariñeiro. Fátima Dosil encargarase da parte gastronómica, preparando unha empanada de zamburiñas.