A Pobra do Caramiñal é un porto con historia e historias. Os seus protagonistas son os 180 homes e mulleres socios da súa confraría. Mariñeiros e mariscadores a pé e a flote, que traballan en 81 embarcacións ademais do marisqueo da navalla, os trasmallos, as vetas, os miños e as nasas.  Manuel Maneiro, que faena á nasa da nécora, foi patrón maior da Confraría da Pobra do Caramiñal ata o ano 2014. É un gran defensor de métodos de traballo que posibiliten a sustentabilidade dos recursos mariños. Para el, o oficio non trata de traballar o mar no presente para sacar unha rendibilidade inmediata, senón que trata de garantir que esta perdure no tempo.  Entre as redes pódese atopar a Moncha Fernández e Nicandro García que prolongan o seu amor sobre as ondas de Arousa. Forman un matrimonio que xa leva xunto no mar moitos anos, saíndo no seu barco California. Nicandro vén de familia mariñeira e Moncha comezou a traballar no mar da man del. O peixe que eles capturan véndeno na praza de abastos