A elegancia deste mar está na actitude dos 450 socios da confraría, que traballan os parques de ameixa, o marisqueo a pé e en embarcación, artes menores e tamén as bateas. Cristian Brea é un mozo que traballa diferente oficios do mar, é o futuro do mar. Pupe Jueguen é parquista, pero tamén traballa con entusiasmo o marisqueo a pé. Alento Xoven é a coral que vai interpretar a música mariñeira. Lolita Gracía é parquista é bateeira e con ela imos xantar o que nos vai preparar a cociñeira Marisa Barcia, peixe sapo con ameixas. Rita Vidal vai falarnos do que significa Amar Carril, e ela ámao doblemente. Con Antonio Pesado saímos pescar anguías coa arte do butrón, un día de vento forte.