Na confraría de Muxía destacan os barcos palangreiros, de arrastre, as embarcacións de dedicadas as artes menores e os percebeiros. Percebeiro de Longa tradición familiar é Toñico Haz, que fala do importante que é coidar do recurso. Nunha aposta innovadora para o cultivo do mexillón traballa Felipe Sar e ademais é surfista. Rosa Soneira é peixeira polas estrada do concello de Muxía e hoxe vai cociñar chopo da ría. Nas pedras da Punta da Barca fronte ao mar bravo imos escoitar a música de Xaramiños do Corpiño. Un pintor ourensán que veu a Muxía buscando a estela do seu mar é Alexandro. Marina Soneira e as súas compañeiras traballan conservando a arte ancestral do palillo. E mariñeiro de carácter aberto como este mar é Josecho Martinez.