Nas rompentes de Lira traballan 64 homes e mulleres asociados á súa Confraría, que traballan as artes menores e o marisqueo, capturando maioritariamente polbo, ourizo e percebe. Recollendo ourizo atopamos a Jordi Tato, que só leva un ano no oficio. Juan Toba é un veterano, leva corenta anos vendendo marisco. Maritina Dosil é imprevisible como o mar de Lira e vai cociñarnos brochetas de polbo e lagostinos. A musica e o baile chegan do mar co Grupo de Baile Rebuleira. A Arte da natureza de Lira atopámola no estudo de Maribel Longueira. Con Marcos Freire falaremos do seu traballo e lembraremos ao seu pai, o home de mar Pepe Freire. E imos coller polbo nas rompentes de Lira con Mariano Lago, o Patrón Maior.