A confraría de Laxe ten 140 asociados, que transmite esa mirada mariña, e traballan as vetas, miños, trasmallos e as nasas, e tamén ao percebeiros. E conta cunha importante actividade na lonxa á que veñen compradores de toda Galicia. E quen se encarga das poxas é Pepelú, que coñece ben os segredos de todos os peixes.Carmen Arnosi, e a peixeira que vende o peixe dos barcos de Laxe. Muller mariñeira é percebeira é Sonia Campaña, a quen lle gusta tamén vender o peixe. Perfecto Devesa é un dos lobos de mar desta costa, e o oficio que máis lle gustou foi o de percebeiro. E nas rochas percebeiras imos falar con Raúl Villar, do percebe o mar e o futuro do seu pequeno fillo.