O porto de Camelle sitúase entre o faro de Laxe e o de Vilán, na Costa da Morte. Un total de 96 mariñeiros e percebeiros forman parte dunha confraría que traballa nun mar con certa bravura, mesmo nos días calmos. O programa comeza embarcando para saír ao mar con Manolo Tajes, que vai con nasas ao camarón e a nécora. Nas pedras percebeiras, o presentador X. H. Rivadulla conversa con Marisol, que leva no oficio de recoller o percebe trinta anos.  Para comer, Barca Suárez prepara caldeirada de pinto e sargo. Dona de mariñeiro retirado e nai de mariñeiro, leva toda a vida traballando nun restaurante a pé de porto. Tamén traballador do mar de toda a vida, o patrón Carlos Tajes fala da súa experiencia nesta ribeira de salitre e en moitas outras polas que ten pasado. X. H. Rivadulla conversa co “Rubio de Camelle”, mergullador dedicado ao marisqueo, un oficio que o levou a participar no rescate de moitos barcos naufragados na Costa da Morte. Ao longo da súa vida chegou a recuperar 38 cadávere