“Ribeiras de Salitre” visita Cabo de Cruz, no concello de Boiro, que pertence á estirpe dos pequenos portos, pero cunha enorme alma mariñeira, forte, valente e entrañable. Máis de 200 mariñeiros pertencen á confraría e traballan o marisqueo, artes menores moi variadas e teñen unha destacada actividade bateeira. Antonio Casais fala do espírito solidario e cooperativo das xentes mariñas. El é membro da Cooperativa Ría de Arosa, que conta cuns 400 socios que son mariscadores que traballan o berberecho, a ameixa, a ostra e a navalla. O equipo coñece tamén a Xerardo Triñanes, un carpinteiro dos que saben como facer para que o oficio perdure.  Carmen Hermo e Marisa Rodríguez son socias da Cooperativa Ría de Arosa. Foron mariscadoras e, como xa están retiradas, dedícanse a ensinar o oficio ás persoas que se incorporan á actividade. Ademais, cociñan para o programa ameixas, berberechos e navallas á prancha.  Mulleres do mar tamén son as cantareiras de “Nunca é tarde”, un grupo de pandeirete