No porto de Bueu apreciamos unha mentalidade mariñeira en positivo nos trescentos homes e mulleres asociados á Confraría, que traballan as artes menores, o cerco, o marisqueo a flote e mergullo e o percebe. A tradición é moi respectada neste porto e disto falamos con Victor Dominguez. Visitamos o Museo Massó para falar coa súa directora Covadonga López. Para cociñar, a peixeira Mari Carmen González, fai o saboroso rañorte. Descubrimos que o mariñeiro Seso de Pesquella é un virtuoso da harmónica. Fotografar o traballo do mar é a paixón de Alba Sotelo. O patrón maior José Manuel Rosas sente o mar moi intimamente. E en de Cabo Udra estamos coa percebeira Mari Luz Piñeiro.