O programa estará con Henrique Sainz, un historiador que falará da importante tradición mariñeira deste enclave. As súas xentes, sabedoras da herdanza, senten o orgullo de dedicarse aos diferentes oficios do mar.  Isto é o que lle ocorre o mariscador Bañobre, que reivindica que se faga un plan de rexeneración para acabar coa polución que asedia a ría. Ademais, o mariscador Antonio Villar amosará no programa as ferramentas do marisqueo, que el adapta para cada persoa, co obxectivo de que o traballo sexa máis doado e evitar lesións.