O porto de Aguiño, pertencente á Confraría de Carreira-Aguiño, é fundamentalmente marisqueiro, aínda que tamén conta con artes menores. Os asociados a confraría son douscentos, e na lonxa as vendas de maior volume son os percebes e o ourizo. Percebeira nova é Miriam Paz, pero que espera que este sexa o oficio da súa vida. José Antonio Sampedro, traballa a liña capturando principalmente robaliza e abadexo. Concha Ramallo, percebeira de longa experiencia, hoxe ponse aos fogóns. A música mariña ven hoxe cos mais pequenos “Os Tahumiños”. Ao ourizo tamén anda Sandra Sánchez, que nos di que hoxe foi un bo día. Percebeiro que está empezando no oficio é Andrés Paz, pero xa sabe o duro que é andar ao percebe. E no mar estamos con Manuel Reiriz e Pacucha González, que andan ao ourizo.