O programa “Ribeiras de Salitre” estará nesta ocasión ao carón da confraría de Moaña, moi activa e dinámica, con 379 socios. Alí faise marisqueo a pé, a flote, e os veciños teñen unha ampla variedade de oficios da pesca artesanal, así como unha grande actividade bateeira.Este programa da Televisión de Galicia mergullarase na cultura mariñeira da ría de Vigo desde a coñecida vila de Moaña, con entrevistas e reportaxes a diversos protagonistas.