A situación complícase para os secuestradores, Moncho está ferido de gravidade e a Da Silva non lle interesa que morra polo que lles ordena chamar a un médico da súa confianza. Despois de extraerlle a bala, Moncho aínda se debate entre a vida e a morte. Rafa regresa do Xapón e despois de pasar a noite con Teté esta anúncialle que vai casar con Xan. Ante a nova situación do secuestro, os Lantaño deciden chamar novamente o detective especialista, que agora impón as súas condicións e faranse as cousas ao seu xeito. Leo accede a deixar a súa filla pasar unha noite no pazo con dona María.