Da Silva encárgalle a Ernesto, un matón a soldo, un secuestro. Dona María segue confiando en Da Silva, e pídelle que medie entre eles e Leonor para ver a Gloria. Carmiña e Susa seguen preparando o "número" de cabaré, mentres os seus respectivos temen o ridículo e séntense celosos. O peor é cando eles descobren que as súas mulleres están a colocar carteis por todo Cambados. Xan encárgase dos preparativos da voda con Teté mentres esta axuda a Leo. Pero Teté empeza a ter dúbidas sobre a súa voda con Xan.