Don Carlos vai falar con Diego para arranxar as cousas entre el e Marta. Faino por dona María. Marta fai o test do embarazo e dálle positivo, pero non sabe se o pai é Diego ou Da Silva. Lito fai un negocio cuns taboleiros grazas ás indicacións de Susa, que lle fai crer que é moi intelixente. Pero Pepe tamén dispuxera dos taboleiros. A avoa dálle un ultimato a Moncho, ou consegue a custodia de Gloria, ou bótao do pazo. Da Silva ordénalle a Balseiro buscar un piso para Leo preto do hotel onde se aloxa el.