Herminia pídelle a Pepe que convenza a Carmiña para que regrese ao seu traballo no pazo e Moncho acaba tomando a iniciativa e solicita un mordomo. Chega Damián, un estirado mordomo. Xan insiste en levar a súa nai a Houston, aínda que os médicos din que se recupera favorablemente. Marta séntese moi satisfeita, por fin consegue seducir a Diego. Carmiña non é quen de superar a pena pola morte da súa filla.