Os malos presaxios de Da Silva confírmanse: a carga de viño con destino aos Estados Unidos acaba no Brasil e isto pode supoñer a ruína de Brandán. Felisa pídelle axuda a Xan para traballar na batea e un accidente sucede nela, con Pepe de protagonista. Moncho atende os consellos de dona María e cando todo parece ir ben entre el e Leonor, Uxía sorprende cunha nova.