Felisa quere poñerse a traballar para colaborar na economía familiar pero Xan e Manuel non están de acordo. Da Silva informa a Diego de que Gonzalo está detrás dunha estupenda oferta de compra de viño dun novo distribuidor americano, pero aínda así Diego quere seguir adiante coa operación. A relación matrimonial entre Leonor e Moncho deteriórase día a día; este esíxelle que faga o que lle pide coas viñas do Outeiro e ameázaa con deixala aínda máis soa. Esta accede a cambio de que mude a actitude con ela; dona María intercede entrambos. E a relación entre Xan e Teté tamén está a pasar por un mal momento.