Diego négase a publicar a historia da familia para evitar sacar os trapos sucios. Gloria séntese decepcionada por isto. Leonor reconcíliase con César, o seu pai biolóxico. Cando Olalla lle revela a Xan que Teté perdera o neno por culpa de Gonzalo, Xan enfróntase a este. Uxía segue a informar a Gonzalo das súas escoitas ás agochadas, e promete axudalo na súa vinganza contra Gloria.