Unha vez desaparecido Fernando Gondar, Uxía xunto con Víctor, que suplanta ó finado empresario, maquinan entrar en Brandán. Pero Uxía non conta con Luis, irmán do falecido que a través de Celia investiga a desaparición do seu irmán. Leo seduce a Balseiro, quen lle revela que recibira ordes de Da Silva para acabar con ela. Finalmente, Leo consegue utilizar ó matón para que acabe con Raixa, a prostituta que contratara para deixar estéril a Moncho.