Dona María e Leonor fanse cómplices, unha para reter a Diego e a outra para levar a cabo a súa vinganza. Víctor, fai desaparece-lo cadáver de Fernando e propónlle a Uxía facerse pasar por Fernando, falsifica-la súa documentación e casar en rexime de gananciais. Pepe e Carmiña deciden emigrar a Londres, pero temen a reacción de Lito, Susa e sobre todo de Herminia a quen non conseguen convencer para que abandone Cambados. Balseiro, seguindo as ordes de Da Silva vai acabar con Leo, pero ésta empregando tódalas súas dotes de persuasión, consegue darlle a volta á misión e conseguir que traballe para ela. Por outro lado, Leo aproveita a ausencia de Sonia, para coquetear con Diego.