Lito pídelles a todos que finxan que él é o señor do pazo, pois dixéralle a un colega "da Suiza", que é o dono da maior fábrica de mobles da comarca. Dona María regresa ó pazo en cadeira de rodas e con enerxías renovadas manipula unha conversa con Sonia e asegúralle a Diego que a moza a ameazara con obrigar ao seu fillo a escoller entre unha das dúas. Esto provoca un enfado entre Diego e Sonia. Leo comunícalle a Da Silva que quere recupera-las súas terras. Vanesa advírtelle a Moncho da estraña mirada de Leo, él réstalle importancia e chama a Leo para invitala a cear...