Lito insiste en loitar polos seus dereitos laborais e Pepe acúsao de buscar excusas para non dar pancada. Berte dille a Sonia que está namorada de Diego; ela asegura que só lle interesa a súa novela, non quere quedar nunha simple mestra senón que aspira a converterse nunha famosa escritora. O xogo de Teté fora demasiado lonxe, Xan pídelle que o axude a buscar a Toñito. Finalmente, Marta e Diego reconcílianse, pero semella que algo cambiara entre eles...