Da Silva síntese acurralado e pretende adianta-la entrega de Moncho. Marta puxera á Sra. Ruiz sobre a pista da implicación de Da Silva no secuestro, poñendo do brasileiro en perigo os planes da Corporación. A presidenta faille crer a Da Silva que a seducira. Marta sufrira un aborto como consecuencia da caída, pero vai pospollendo o momento de llo contar a Diego. No pazo respírase a tensión e Diego rifa coa súa nai, porque aínda non conseguira xunta-los 4 millóns de euros para liberar a Moncho. Teté está moi confusa pola esporádica noite con Rafa, finalmente ármase de valor e cóntallo a Xan; rompen o compromiso e Teté cédelle a súa parte do restaurante. Lito padece marisco-fobia e Xan máis Pepe búrlanse del. Moncho empeora xusto cando ían entregalo, polo que atrasan o intercambio. Os secuestradores córtanlle un dedo e envíanllo á familia.