Ramón, que pensaba cambiar o seu testamento e facer beneficiaria a Gloria, morre de súpeto, sen poder cumprir a súa vontade, cando o seu fillo Gonzalo lle nega a menciña que o salvaría dunha crise cardíaca. Todo isto sucede o mesmo día en que don Ramón e dona María ían celebrar as vodas de ouro. Por se fose pouco, ese mesmo día, Iago, o fillo pequeno de Gonzalo, escapa coa moto sen o permiso dos pais e ocorre un grave percance. Neste capítulo coñecemos tamén a Xan, un mariñeiro e músico bravú, recén chegado dunha marea, que mantén relacións tirantes co seu pai, Manuel. As Ferreiras: Uxía, Carmiña e Herminia. E Pepe, un multifacético traballador autónomo, que pon a proba o seu propio enxeño para achegarse a Carmiña.