Galicia é unha terra de xente traballadora. “Relanzos” fai un pequeno percorrido por algúns traballos e teimosías de galegos e galegas que exerceron oficios sacrificados e loitaron por obras singulares. Hai moitas testemuñas que falan de traballos sacrificados como o do cesteiro de Pincelo xa falecido, na Ribeira Sacra, ou o de Narciso Luaces, de Ortigueira, na construción do seu museo persoal. Non falta un gando excepcional en veigas de Chantada e montes de Celanova, nin a obra singular dun buscador de pedras preto de Viana do Bolo.