O programa da noite dos martes “Relanzos” segue falando dos lugares de xuntanza nas diferentes vilas galegas. En cada localidade existe un lugar de encontro do que botar man para verse, un espazo propio representativo e tradicional que ten moito de protagonista nas vilas galegas.  Así, da man dos guías do programa, paseamos pola praza Maio de Allariz ou a do Convento de Melide, pola corredoira de Tui ou por ese recanto de Ribadavia onde todo o mundo se quita unha foto. Non falta un paseo pola costa: unha cita na lonxa en Fisterra e outra en terras arousás. O equipo mesmo se achega ao pío que en Viana chaman pilón, e hai moitos miolos en todas partes, núcleos aos que a xente acode e nunca deixa de volver.