O programa ten un formato no que unha persoa da vila fai de condutora, que se reúne e fala con outraspersoas. Concibido como un seguimento televisivo dun percorrido por unha duciade vilas co denominador común de cada un dos temas que se enunciarán,"Relanzos" é tamén unha sucesión dunha serie de relatos enlazado sentre si e conducidos por uns guías locais coa súa contorna como fondo e a presenza en forma de testemuño dalgunhas persoas de cada localidade que compoñen coa súa participación o conxunto de cada entrega Desde o feito de que cada unha das vilas galegas podemos atopar unha mestura secular de patrimonio e natureza, o programa reivindica o testemuño distendido de feitos que tenta mostrar en plenitude, desde o coñecemento en forma de historia, gastronomía, arte ou simplemente cun acceso ao cotiá, á anécdota e ao comentario espontáneo que tende axerar autenticidade. Neste programa interveñen: Suso Vila, historiador (Tui); Sor Herminia López, abadesa do convento das Clarisas (Tui