Lucía Pérez desprázase ata o concello de Ames para coñecer a historia de Olalla García, unha moza cuxa paixón polos animais levouna a fundar a Asociación Protectora SOS Animalia.   Hoxe, grazas aos socios da fundación, coñecerase como comezou a historia de Olalla. Queren agradecerlle todo o labor que fai polos animais para conseguir, ano tras ano, a acollida e adopción dunha chea de gatiños. Na sección ‘O Recuncho de Quérote tanto’, Arantxa Treus volve ter dúas historias cheas de emoción. Por un lado, Jose quere agradecerlle a seu pai Suso toda a axuda que lle presta cada día e todos os anos que levan traballando xuntos. A seguinte será a de Pablo que lle fará toda unha declaración de amor a súa muller Nati.