O equipo do programa porá patas arriba a praza de Carballo para que José Manuel teña a súa merecida homenaxe. O sorprendido desta semana está xubilado e desde hai máis 40 anos é voluntario colaborando en todo momento con Protección Civil da vila coa única misión de axudar aos seus veciños. Por outro lado, na sección de “O Recuncho de Quérote tanto”, Arantxa Treus atenderá no bar a Antía e a Ángela, dúas mozas que saben ben a quen queren darlle unha sorpresa e sobre todo agradecerlle que formen parte das súas vidas.