Neste "Quen Anda Aí" ven na procura do amor Alberto, un home que aos 64 anos deuse conta de que a súa sexualidade é fluída, así que deixou á súa muller e saiu do armario. Tamén estará con nos Pepita, unha muller que empezou a facer unha chea de actividades artísticas para loitar coa dor de migrañas e agora é a súa forma de vida, mesmo chegou a facer un anuncio para a tele. Na terceira porta estará Milagros, unha muller todoterreo que a pesar das dificultades que lle puxo a vida diante é moi optimista. E no Club dos Catro, veremos a Pilarita, Junda, Eduardo e Teresa practicando unha actividade de equilibrio, que provocou unha nova liorta entre a nosa estrela ferrolá e a muller de Eduardo.