A primeira paraxe da nova entrega de “Que Casas!” que a TVG ofrecerá esta noite levará os reporteiros do programa ao concello da Lama, onde Patricia lles amosará aos espectadores unha excepcional casa de finais do século XVIII que serviu tamén de escola durante xeracións.   Mudando de provincia e de estilo arquitectónico, “Que Casas!” irá ata Oleiros para descubrir unha vivenda contemporánea construída en calcaria branca e habitada por Diana, unha decoradora con alma de surfista. Aínda na Coruña, no concello de Rois, César presentará a súa singular casa modular perfectamente integrada na carballeira que a rodea.   Para continuar, as cámaras do programa gravarán no concello de Marín un proxecto fóra do común: o pombal de pedra do século XVIII que Alicia converteu na súa vivenda de verán, a escasos metros da praia de Aguete. Finalmente, a artista María Meixide dará a coñecer a súa vivenda e obradoiro na céntrica praza compostelá do Toural, nun edificio emblemático que agora se enche