O equipo do programa “Que Casas!” da Televisión de Galicia entrará hoxe nun deses fantásticos pazos galegos, e para iso, viaxará ata Vimianzo. Os reporteiros tamén pasarán polo Val Miñor, por Viveiro, por Ribadavia e polo lucense lugar de Bandelo. Unha adega reconvertida en vivenda, a casa dun artista que goza contemplando o mar, unha construción con piscina e campo de fútbol e unha casa que podería pasar por un refuxio de animais serán  os puntos de encontro cos anfitrións desta semana.