O programa visita casas en Nigrán, O Pino, Cangas e Madrid. Podemos ver unha casa de deseño moderno que xa ten dez anos e segue chamando a atención; un piso que unha parella galego-italiana acaba de reformar en Lavapiés; outra vivenda que está construída por completo enriba dun río e un conxunto de casiñas que forman parte da obra do artista que nelas vive.  Claire Fernández, Manuel Rodríguez, Ricardo Ceretti, José Antonio Castro, María del Carmen Ogando e Camilo Caamaño son os nosos anfitrións.